fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 09 Marzo 2017 11:08

Prazas na escola infantíl 0-3 Galiña azul

Prazas na escola infantíl 0-3 Galiña azul

A Axencia Galega de Servizos Sociais e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede de escolas infantís de Galicia) e o Concello de Soutomaior convocan prazas na escola infantil 0-3. A Galiña Azul en Arcade.

Requisitos:

  1. Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
  2. Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2017. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente. 
  3. Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código BS404A para a prazas das escolas da Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 8 de abril de 2017.

Máis información en www.escolasinfantisdegalicia.es, Galiña Azul Soutomaior (Tel. 986 701 108).


Publicado en Ensino
Visto 2315 veces