fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 01 Febreiro 2017 13:43

Aberto o prazo de inscrición

SoutoNews: inmersión lingüística en inglés

SoutoNews: inmersión lingüística en inglés

O Concello de Soutomaior pon en marcha o proxecto SoutoNews. Un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándosede crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Integramente en inglés e guiados-as por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravaranse as seccións cos diálogos que estarán subtitulados en galego. Os/as participantes poderán colaborar vestíndose con vestiario apropiado o día das gravacións para darlle máis veracidade ós contidos. No desenvolvemento do magazine, a imaxinación dos/as participantes ocupará un lugar importante. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver
a axilidade mental neste idioma: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións, elaboración de banda deseñada. As novas de actualidade, xurdirán dos debates moderados pola profesora.

Os obxectivos deste proxecto promovido polas concellerías de Educación e Xuventude son os de promover entre a mocidade actividades que lles permitan adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade nesta língua.

Haberá dous grupos.

  • Grupo 1: de 12 a 15 anos, os venres de 16 a 17,30 h
  • Grupo 2: de 16 a 25 anos os venres de 17,30 a 19,00 h.

O nivel non será un problema porque a metodoloxía vai a ser moi práctica e grupal adaptándose os contidos ás idades e competencias lingüísticas do grupo.

O prazo de inscrición remata o 20 de febreiro.

 


Publicado en Ensino
Descargar adjuntos:

2017 Inscrición Magazine SoutoNews.pdf (1326 Descargas)

Información adicional

Visto 2486 veces