fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Novembro 2016 16:06

En clave tecnolóxica: xogo e tecnoloxía para potenciar a creatividade e o talento

En clave tecnolóxica: xogo e tecnoloxía para potenciar a creatividade e o talento

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa educativo En clave tecnolóxica: aprende xogando coa finalidade de fomentar un uso responsable do xogo a través da rede e de xeito educativo. Potenciar as habiladades creativas e de resolución de problemas  mediante tres sesións onde  os nenos e nenas de 4 a 7 anos poderán achegarse a tres xogos que lles permitirán:

xoves 17 de novembro  XOGANDO CON CODE. Permite aprender a crear as nosas propias aplicacións con unha sinxela linguaxe de programación baseada en bloques de instruccións de cores.

xoves 24 de novembro LABORATORIO DE XOGOS. Crearemos o noso propio xogo coa axuda de personaxes como Gumball, Flappy bird, Frozen, Ice Age... Todo o que precisamos son uns poucos conceptos básicos de programación.

xoves1 de decembroFANTASTIC CONTRAPTION. Xoga coas leis da física e a lóxica. Escolle as rodas coa rotación que se axuste a túa necesidade, distintos tipos de pezas de unión e usa os diferentes puntos de conexión para construir, un transporte que suba escaleiras, salte, ou impulse a peza á zona de chegadaUn monitor guiará o xogos para que poidan sacarlle o máximo e logo seguir xogando nas súas casas para continuar desenvolvendo os seus talentos e capacidades. As familias poden acompañar durante as sesións ós nenos e nenas e, así, compartir o xogo para activamente participar na súa formación.

Estes obradoiros realizaranse en horario de 17 a 18 h no Multiusos na aula de informática. Haberá que anotarse previamente na OMIX. As prazas son limitadas. Pódese participar en todas as sesións ou escoller a que máis interese e anotarse nesa soamente.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 

 


Publicado en Ensino
Descargar adjuntos:

2016 - 4 trimestre Actividades de Educacion (687 Descargas)
Visto 1890 veces