fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 09 Xuño 2016 19:42

Visita de escolares á Exposición as Mariñas Protexidas

Visita de escolares á Exposición as Mariñas Protexidas

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación organiza visitas guiadas e  obradoirospara que á Exposición As Mariñas Protexidas sexa máis interactiva. O programa de visitas iniciouse coa participación dos nenos e nenas da Galiña Azul que visitaron a exposición coas súas mestras o mércores 8 de xuño. A pesares da súa curta idade interactuaron moito cos paneis e coas monitoras realizaron un mural con motivos mariños. O xoves 9 de xuño estiveros os alumnos/aso de primaria do colexio CPI Manuel Padin Truiteiro realizando xogos e obradoiros onde o mar e os seus recursos foron os protagonistas. En total, xa se pasaron pola exposición 90 nenos e nenas e nos vindeiros días entre esta semana e a que ven achegaranse a visitala un total de 140 nenos e nenas máis de infantil e primaria que se organizan por grupo e que veñen acompañados das súas mestras e mestres.

Con esta actividade a Concellería de Educación a través de diferentes proxectos xa iniciados segue impulsando a sensibilización en relación ao medio ambiente para que que cada vez teñamos máis información e formación que nos permita respetar máis o noso medio e que así as xeracións futuras poidan completar a súa educación para coidalo e saber interpretalo.  A través dos roteiros medioambientais, do ciclo de cine butaca verde e desta exposición tócanse valores e contidos transversais cun fío conductor que é o noso medio como un valor a conservar e protexer.  Ademais, o Concello agradece a colaboración do CEIDA na cesión do ciclo de cine e dos materiais para a exposición porque son recursos moi interesantes sobre os que traballar estes temas.


Publicado en Ensino
Visto 1733 veces