fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Mai 2016 14:09

Axudas transporte escolar

Axudas transporte escolar

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR DESTINA 5000 EUROS EN BOLSAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR

A axuda esta dirixida a alumnos de FP e Bacharelato que cursen os seus estudos fora do Concello.

O Concello de Soutomaior pon en marcha unha nova axuda para o transporte escolar do próximo curso. En total destinaranse 5.000 euros para subvencionar o transporte daqueles alumnos de FP e Bacharelato que cursen os seus estudos fose do municipio e da área metropolitana de Vigo.

Esta subvención conta cun orzamento inicial de 5.000 euros, pero que serán ampliables ata que sexa necesario con tal de que ningún alumno que a necesite quede sen ela. “Ningún alumno quedará sen poder estudar por problemas de transporte”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que continuo, “esperamos poder sacar as bases definitivas na próximas semana para que os alumnos do próximo curso xa poidan solicitar a súa axuda ao transporte escolar”. Aínda que o sistema polo que se fará chegar a axuda aos alumnos aínda está por decidir, “o máis probable é que optemos por un sistema de bonos”, afirmou Reguera.

Esta subvención estará dispoñible para os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior que cursen os seus estudos o próximo curso fose do municipio e da área metropolitana de Vigo, xa que estes últimos xa teñen o transporte dentro da área subvencionado. Desta maneira corríxese a situación de desigualdade que se producía entre os alumnos segundo a súa localidade de estudo.

A axuda estará dispoñible durante estes tres anos nos que se construirá o novo instituto de Soutomaior, xa que despois xa non será necesario que os alumnos do municipio desprácense para cursar os seus estudos.


Publicado en Ensino
Visto 2933 veces