fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 15 Abril 2016 18:35

Ciclo de cine: Butaca Verde

Ciclo de cine: Butaca Verde

A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior inicia hoxe venres 15 de abril o CICLO DE CINE BUTACA VERDE cuxo obxectivo é o de fomentar actividades de carácter ambiental e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.

CICLO

1º SESION:

Venres 15 de abril ás 21,15 h

Manual de uso dunha nave espacial”

Amigos da Terra. Ano 2009, Duración: 61 minutos

Sinopse: retrata as diversas realidades contorna a un dos problemas máis complexos do noso tempo e suscita a urxencia de entablar un dialogo profundo sobre as súas solucións.

 

2º SESION

Venres 29 de abril ás 21,15 h

Tukki, la huella ambiental” de Guillermo García Ramos,

Ano  2009, Duración: 49 minutos

Sinopse: Miles de senegaleses atópanse ante unha encrucillada: a uns os está a comer o deserto, outros xa non poden predicir as choivas como antes e a súa terra se seca, e para outros moitos a perda dos bosques arruina os seus pobos. Este documental reflexa a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo  senegalés desde a súa aldea ante a degradación do solo a deforestación que sofre o seu entorno.”

 

3º SESIÓN

Venres 13 de maio ás 21,15 h

Reinventamos un pueblo

 Fundación Ciudad de la Energía, 2009,

Duración: 35 minutos

Sinopse: Un pobo mineiro da comarca berciana está cambiando de cor. E o fai grazas á restauración ambiental de dúas minas de carbón que enmarcaban a paisaxe. En Tremor de Arriba crece por fin a herba.

Destinatarios: público xeral

Lugar: Multiusos, Arcade

Entrada: de balde

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Ensino
Visto 1996 veces