fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 21 Marzo 2022 15:17

‘Valentina’, unha historia de inclusión e superación, triunfa entre a cativada

‘Valentina’, unha historia de inclusión e superación, triunfa entre a cativada

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o Concello de Soutomaior quixemos achegar o noso granito de area e colaborar na inclusión de todas as persoas.

Sabemos que para iso, é necesario investir en educación e por iso este ano centramos os nosos esforzos en facer ver aos máis novos que todas as persoas deben ser respectadas e aceptadas.

Así, esta mañá, alumnos do Colexio Santiago Apóstol; do CEIP Manuel Padín Truiteiroe do EEI de Romariz achegáronse ata o Multiúsos de Arcade para asistir a ‘Valentina’, unha película protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca poderá conseguir ou seu soño de ser trapecista, pero que, aol ongo dunha viaxe máxica, descobre todo aquilo do que é capaz e aprende que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender.

O acto finalizou coa lectura dun manifesto por parte de Ángeles Sabarís, membro dunha asociación que loita a diario pola aceptación e independencia das persoas con Síndrome de Down.


Publicado en Ensino
Visto 467 veces