fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 15 Marzo 2022 09:55

Cinema no Día Internacional da Síndrome de Down

Cinema no Día Internacional da Síndrome de Down

O luns 21 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down imos realizar unha actividade no noso municipio que consistirá na proxección da película Valentina, unha produción galega, estreada a finais de 2021 e que ven de recibir o premio Goya á Mellor Longametraxe de Animación

Valentina está protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca poderá conseguir o seu sono de ser trapecista, pero ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz e aprenderá que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender. Valentina é unha longametraxe que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.

A sesión está dirixida ao alumnado de 3 a 7 anos dos centros educativos do municipio.

Faranse dous pases no Multiúsos en Arcade:

10:00 h           Alumnado de infantil CEIP M. Padin Truiteiro 

(6 grupos - 100 persoas)

12:00 H           Alumnado de 1º e 2º primaria Colexio Santiago Apostol 

(2 grupos – 57 persoas)

Ademais da proxección, haberá un pequeno acto no que haberá un coloquio e no que  se entregarán unhas guías didácticas para que logo o profesorado traballe en aula despois de ver o filme. Foron elaboradas para traballar a inclusión nas aulas a través da película e están dirixidas especificamente, unha para o alumnado de Educación Infantil e outra para o de Primaria.


Publicado en Ensino
Visto 510 veces