fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 15 Marzo 2022 09:29

Escola de Familias: Convivencia e adolescencia

Escola de Familias: Convivencia e adolescencia

Todos os que queiran participar nesta nova sesión de ‘ Escola de Familias’ deberán inscribirse ata o día 21 deste mes.

Cabe lembrar que terán prioridade aquelas familias cuxos fillos estean escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio de Soutomaior. As prazas restantes serán outorgadas por orde de inscrición.

Esta nova cita, que terá lugar o martes día 22 de marzo ás 18.30 horas no IES Soutomaior, ten como obxectivo dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para facer fronte aos problemas de convivencia que poden aparecer durante os anos da adolescencia. Para iso farase unha revisión didáctica sobre as diferentes formas nas que se manifesta a violencia intrafamiliar, as súas causas, síntomas e consecuencias.

Máis información na OMIX. Tel. 986700822 ou por whatsapp 638822868


Visto 491 veces