fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 31 Xaneiro 2022 10:34

Escola de familias!

Escola de familias!

Iniciamos un novo curso da Escola de Familias convocado polo Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación. Esta escola ten como obxectivos:  promover o desenvolvemento das competencias parentais para unha evolución saudable da familia e dos/as seus/súas membros. Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos e fillas dende unha maior seguridade, xerar espazos de encontro e confianza onde poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses e informar ás familias sobre temas de actualidade favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade. As charlas realizaranse nas instalación do IES de Soutomaior e están abertas a toda a comunidade educativa de todos os centros do municipio (CEIP M. Padin Truiteiro, Galiña Azul, EEI Romariz, Colexio Santiago).

As prazas serán limitadas e haberá que inscribirse en liña na web:  Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com). Para as familias que acudan con menores ofertaremos un servizo de actividades lúdicas para que poidan xogar e aprender mentras as familias asisten á formación. Haberá que indicalo previamente na ficha de inscrición.

Os temas a tratar ao longos destes meses de febreiro a maior serán:

Tema: Novas parentalidades e as inquedanzas das familias.

Data: martes 22 de febreiro

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: nesta sesión introdutoria  analizaremos experiencias e novas ideas sobre a parentaliddade reflexionando e compartindo inquedanzas e necesidades das familias no contexto actual caracterizado por unha gran diversidade de modelos para un proceso de crianza nas que os fillos e fillas presentan novos desafíos e retos ás familias.

 

Tema: Convivencia e adolescencia: establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar.

Data: martes 22 de marzo

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos:  nesta segunda sesión levaremos a cabo unha aproximación ós diferentes estilos educativos e comprender as diferentes dinámicas familiares que xorden a partir dos mesmos. Identificaremos os tipos de apego e as consecuencias relacionais dos mesmos. Afondaremos na prevención e intervención das problemáticas de violencia e as súas manifestacións.

 

Tema: O conflito e como xestionalo

Data: martes 26 de abril

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: nesta sesión abordaremos que entendemos por conflito, cales son as súas fases e traballaremos sobre a relevancia do compoñente emocional do mesmo. Falaremos de tipos de conflito e das actitudes persoais para afrontalos. Finalizaremos cun caso práctico para representar o explicado.

Tema: “Boyhood. Momentos dunha vida” O cine como experiencia de aprendizaxe.

 

Data: martes 24 de maio

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: na primeira sesión facilitarase o acceso o filme para as familias, para que poidan visionalo previamente a esta sesión. Neste día, a través de diferentes cortes da mesma, traballaremos sobre a evolución as vivencias dunha familia e os seus compoñentes ó longo dos anos.

RESEÑA CURRICULAR DAS PONENTES:

  • CRISTINA MARTÍNEZ BERNÁRDEZ.  Psicóloga e psicoterapeuta especializada en infancia e adolescencia.  Coordinadora de Aseia Vigo.  Coordinadora do programa Convive: un modelo de acompañamento parental.
  • NURIA SALGADO SANCHEZ.  Psicóloga. Máster en Psicoloxía Clínica  e da Saúde. Psicoterapeuta e coordinadora da área de psicoloxia no centro Suma en Vigo. Formadora e acompañante terapéutica en diferentes programas de Aseia.

 

Máis información na OMIX. Tel. 986700822 ou por whatsapp 638822868

 


Visto 801 veces