Luns, 31 Xaneiro 2022 10:34

Escola de familias!

Escola de familias!

Iniciamos un novo curso da Escola de Familias convocado polo Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación. Esta escola ten como obxectivos:  promover o desenvolvemento das competencias parentais para unha evolución saudable da familia e dos/as seus/súas membros. Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos e fillas dende unha maior seguridade, xerar espazos de encontro e confianza onde poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses e informar ás familias sobre temas de actualidade favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade. As charlas realizaranse nas instalación do IES de Soutomaior e están abertas a toda a comunidade educativa de todos os centros do municipio (CEIP M. Padin Truiteiro, Galiña Azul, EEI Romariz, Colexio Santiago).

As prazas serán limitadas e haberá que inscribirse en liña na web:  Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com). Para as familias que acudan con menores ofertaremos un servizo de actividades lúdicas para que poidan xogar e aprender mentras as familias asisten á formación. Haberá que indicalo previamente na ficha de inscrición.

Os temas a tratar ao longos destes meses de febreiro a maior serán:

Tema: Novas parentalidades e as inquedanzas das familias.

Data: martes 22 de febreiro

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: nesta sesión introdutoria  analizaremos experiencias e novas ideas sobre a parentaliddade reflexionando e compartindo inquedanzas e necesidades das familias no contexto actual caracterizado por unha gran diversidade de modelos para un proceso de crianza nas que os fillos e fillas presentan novos desafíos e retos ás familias.

 

Tema: Convivencia e adolescencia: establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar.

Data: martes 22 de marzo

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos:  nesta segunda sesión levaremos a cabo unha aproximación ós diferentes estilos educativos e comprender as diferentes dinámicas familiares que xorden a partir dos mesmos. Identificaremos os tipos de apego e as consecuencias relacionais dos mesmos. Afondaremos na prevención e intervención das problemáticas de violencia e as súas manifestacións.

 

Tema: O conflito e como xestionalo

Data: martes 26 de abril

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: nesta sesión abordaremos que entendemos por conflito, cales son as súas fases e traballaremos sobre a relevancia do compoñente emocional do mesmo. Falaremos de tipos de conflito e das actitudes persoais para afrontalos. Finalizaremos cun caso práctico para representar o explicado.

Tema: “Boyhood. Momentos dunha vida” O cine como experiencia de aprendizaxe.

 

Data: martes 24 de maio

Horario: de 18.30 a 20.00 h

Contidos: na primeira sesión facilitarase o acceso o filme para as familias, para que poidan visionalo previamente a esta sesión. Neste día, a través de diferentes cortes da mesma, traballaremos sobre a evolución as vivencias dunha familia e os seus compoñentes ó longo dos anos.

RESEÑA CURRICULAR DAS PONENTES:

  • CRISTINA MARTÍNEZ BERNÁRDEZ.  Psicóloga e psicoterapeuta especializada en infancia e adolescencia.  Coordinadora de Aseia Vigo.  Coordinadora do programa Convive: un modelo de acompañamento parental.
  • NURIA SALGADO SANCHEZ.  Psicóloga. Máster en Psicoloxía Clínica  e da Saúde. Psicoterapeuta e coordinadora da área de psicoloxia no centro Suma en Vigo. Formadora e acompañante terapéutica en diferentes programas de Aseia.

 

Máis información na OMIX. Tel. 986700822 ou por whatsapp 638822868

 


Visto 514 veces

Educación

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo de iniciativas teñen moi boa aceptación entre a veciñanza e pretenden ofrecer unha alternativa de lecer cultural e saudable ás familias.

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Educación

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Educación

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...

Potros autóctonos, aire libre, cultura e moito compañeirismo no roteiro polos montes do Curro da Valga

06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)

Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...

Centos de estudantes entusiasmados na Feira da Ciencia de Soutomaior

06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)

Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do  Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...

O alumnado sae das aulas para investigar grazas a 'Divulgaciencia'

21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)

Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia'  que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...

Inscricións abertas para a Feira da Ciencia que acollerá Talo Río

19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)

O día 5 de maio celébrase a  Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa  Divulgaciencia e que permitirá ao  estudantado de...