fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 03 Decembro 2021 13:53

3 decembro: "Día Internacional da discapacidade"

3 decembro: "Día Internacional da discapacidade"

Hoxe 3 de decembro de decembro conmemórase o Día Internacional das Personas con Discapacidade, declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.  Soutomaior únese a  unha data tan sinalada co fin de dar visibilidade a todas as diversidades funcionais para contribuír na inclusión de todas as persoas independentemente das súas capacidades de aí que o programa de actividades denomínese "Capacidades, Si Moitas" porque somos diversidade. Todas as persoas deben poder exercer os seus dereitos en calqueda ámbito de igual xeito e coas mesmas garantías, xa sexa, no plano social, cultural educativo, profesional ou económico.  Onte tivemos ocasión de escoitar e compartir reflexións con persoas representantes e asociadas das entidades ASSEI, ONCE, BATA, XUNTOS, AMIZADE e resultou moi interesante porque aportaron novas perspectivas nas que seguir traballando para conseguir unha igualdade efectiva. Ó remate das exposicións da mesa redonda todas as persoas asistentes ao acto puideron expresar as súas emocións e ideas sobre estes temas nas cristaleiras do Multiúsos a través dunha actividade artística con carácter reivindicativo que deixos lemas tan interesantes como "Somos pinguiñas de auga distintas, pero do mesmo material". Queremos agradecer a todas as entidades a súa participación e tamén a todas as persoas que se achegaron e interesaron pola actividade participando na actividade activamente e aportando moitas ideas interesantes.

Este domingo tamén realizaremos a actividade "Roteiro sensorial" cun carácter divertido e lúdico para percorrer Arcade falando da integración e adaptación das persoas con diversidade funcional no día a día. Por medio de diferentes situacións nas que os sentidos xogarán un papel moi importante percorreremos os espazos urbanos facendo un percorrido que terá outra visión, outro tacto, outro olor, outras formas de relacionarnos co entorno e coas demais persoas. 

A maiores durante estas semana tamén poderes consultar un " Punto de lectura" específico na Biblioteca Municipal no que haberá lecturas reconmendadas para seguir profundizando sobre estes temas.


Publicado en Ensino
Visto 433 veces