fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 18 Novembro 2021 11:14

Obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema"

Obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema"

Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta!

Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en Arcade (Soutomaior). Para isto contamos con Belén Veleiro que logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, deseña estes obradoiros para experimentar dun xeito moi práctico, divertido e ameno as caixas de cartón e as súas posibilidades. 

Breve descrición de cada un dos obradoiros:

ZOOTROPO XIGANTE

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.

O zootropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlle vida a obxectos inmóbiles. Na construcción deste aparello traballaremos tamén os rotorelieves de Duchamp. Unha experiencia espectacular!
 
Obxectivos:
– Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
– Queremos facer o zootropo máis grande do mundo.

 

XOQUETES ÓPTICOS 

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da

construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.
 
Obxectivos do obradoiro:
– Comprender a natureza da imaxe enmovementoe a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
 
Metodoloxía: crearemos xoguetes moi atraentes e orixinais: Un taumatropo, un flipbook, un zootropo (e un proxector holográfico para o móvil, no caso dos/as participantes máis avantaxados/as).
 
Para participar nestes obradoiros haberá que inscribirse previamente na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
 
Van dirixidos a todas as idades a partir dos 6 anos.  Os menores de 10 anos deben asistir acompañados/as. 
Unha actividade na que participar en familia pode ser moi interesante para compartir e descubrir moitas curiosidades.
 
Número de prazas: 20 persoas (teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior).
 

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO A PARTIR DO 18 DE NOVEMBRO 


Publicado en Ensino
Visto 504 veces