fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 03 Novembro 2021 13:07

Préstamo de ordenadores persoais para o desenvolvemento das clases escolares .

Préstamo de ordenadores persoais para o desenvolvemento das clases escolares .

A presente convocatoria ten por finalidade a cesión de uso temporal de ordenadores portátiles ás familias vulnerables do concello de Soutomaior para o curso 2021/2022 do alumnado matriculado en educación primaria, secundaria ou bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP, PCPI ou estudos universitarios.

Un ordenador persoal por familia coa excepción das familias numerosas, neste caso prestaranse dous ou excepcionalmente máis, nos casos que así se xustifique, previo informe favorable do departamento de servizos sociais do concello.

Prazo de presentación: do 04 de novembro ao 18 de novembro (ambos inclusive)

As bases reguladoras,a documentación requerida e o impreso de solicitude pódense atopar na páxina web do Concello www.soutomaior.gal


Publicado en Educación
Visto 259 veces