fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 03 Novembro 2021 09:24

Novos toldos no patio exterior da Escola Infantil

Novos toldos no patio exterior da Escola Infantil

 A escola infantil de Soutomaior, a Galiña Azul de Arcade, acaba de estrear unha nova cuberta retráctil para o patio exterior do centro.

 Unha mellora solicitada pola dirección do centro a instancia dos pais coa que os pequenos estarán protexidos da climatoloxía durante os seus recreos e actividades fose da aula.

 A mellora foi visitada polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.

Os novos toldos contan cunhas dimensións conxuntas de máis de 25 metros cadrados e permitirá cubrir o patio de xogos case por completo, protexendo aos pequenos tanto da choiva como do sol.

A cuberta conta con dous motores eléctricos que simplificarán o despregamento e recollida dos toldos e ademais dispón dun armazón metálico que garante a súa robustez e fiabilidade.

Os 36 alumnos que ten de capacidade esta escola infantil poderán acceder a ela de forma totalmente gratuíta grazas á última medida adoptada pola Xunta a partir do próximo curso.


Publicado en Ensino
Visto 496 veces