fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 21 Xullo 2021 14:07

Obradoiro: Fai click no teu bocata!

Obradoiro: Fai click no teu bocata!

Para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo asi en hábitos de consumo alimentario saudables, chegan Ó Concello de Soutomaior os obradoiros de “Fai clic ao teu bocata”. Unha iniciativa promovida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior coa que pretendemos fomentar entre a poboación infantil e xuvenil o coñemento sobre todos os recursos do mar e os seus aproveitamentos culinarios.
 
A  actividade terá lugar o xoves 5 de agosto de 11 a 12 h no Multiúsos en Arcade totalmente de balde.
 
Da man de Mar e Roi (cientiífica e científico) veremos durante o obradoiro dunha hora de duración as características das conservas do peixe e do marisco, os seus nomes, hábitos e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun delicioso bocata que por suposto logo degustaremos!!!
 
O obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente en: Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)

Publicado en Ensino
Visto 523 veces