fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 15 Abril 2021 09:27

O mellor amigo, tamén nas aulas

O mellor amigo, tamén nas aulas

 “ Uma”, así se chama a Golden Retriever que esta mañá visitou ao alumnado da escola infantil de Romariz dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos organizado polo Concello de Soutomaior. A iniciativaprocura, mediante a axuda destes animais, mellorar as capacidades sensitivas e motoras do alumnado.

Dado que o can non fala o mesmo linguaxe que eles e elas,o alumnado  necesita usar medios como a linguaxe corporal para entenderse. Unha acción coa que os profesionais buscan que os nenos e nenas empaticen coa cadela, neste caso, e creen un vínculo con ela para comprender como sente. Desta maneira preténdese mellorar a capacidade motora do alumnado  á vez que se potencian as súas habilidades de relación e expresión. Cualidades que mellorarán as relacións interpersoais durante toda a súa vida porque a través de tarefas cotiás como darlle de comer, peiteala, xogar con ela, etc os nenos e nenas aprenden a transferir este bo trata tamén cara as persoas e a reflexionar sobre as súas actitudes e valores.

Segundo indican a relación cos cans incrementa os niveis de oxitocina nas persoas. Unha hormona que nos axuda a diminuír a tensión, combater os efectos da depresión á vez que mellora a construción de relacións de confianza. Por tanto, un xeito de educar de xeito diferente axudándonos de outros animais dos que podemos aprender moitas cousas.


Publicado en Ensino
Visto 809 veces