fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 23 Febreiro 2021 17:11

Curso de linguaxe de signos española (30h)

Curso de linguaxe de signos española (30h)

O Concello de Soutomaior convoca un curso de linguaxe de signos nivel A1.1. no marco da rede estatal de ensinanzas da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), seguindo unha organización curricular e pedagóxica acorde á filosofía do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. O curso será impartido por persoal especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia desde o 22 de marzo ata o 26 de abril de 2021. Vai dirixido a persoas con idades a partir dos 16 anos que teñan interese en aprender esta lingua. 

Impartirarase na modalidade de formación a distancia a través da plataforma SignoCampus.

A plataforma estará en funcionamento as 24 horas do día ao longo de todo o curso, sábados, domingos e festivos incluídos. Non hai que conectarse a ningunha hora concreta para clases ou titorías pero que si hai uns tempos marcados para preparar os contidos e entregar os vídeos de cada unidade que haberá que superar para obter o diploma acreditativo expedido pola FAXPG e homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior.

Os contidos serán os básicos e estarán distribuídos en 3 módulos:

MÓDULO 1:

. Saudar e responder saúdos

· Presentarse aos demáis

· Preguntar cómo se atopa alguén

· Rematar unha conversa e despedirse

· Usar o signo persoal

· Pedir unha aclaración cando non entende algo.

· Deletrear o alfabeto dactilolóxico

· Usar os pronomes persoais

· Signar os números do un o trinta.

MÓDULO 2:

· Signar sobre a familia

· Describir a casa

· Signar o que está a facer

· Signar as cores

· Chamar a atención dunha persoa xorda

· Solicitar unha aclaración cando non entende algo.

· Preguntar

MÓDULO 3:

· Signar sobre o traballo

· Signar sobre os estudos

· Signar o que está a facer

· Agradecer e felicitar

· Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas

· Usar a negación.

 

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en liña desde o día 25 de febreiro ata o 15 de marzo de 2021 na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2472/curso-linguaxe-de-signos-espanola.


Publicado en Ensino
Visto 716 veces