fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 25 Setembro 2020 09:14

Repartición de axendas entre os/as escolares

Repartición de axendas entre os/as escolares

A Concellería de Educación de Soutomaior acaba de repartir 920 axendas escolares entre o alumnado dos diferentes centros de educación pública do municipio. Este é o terceiro ano en que o Concello de Soutomaior encárgase da edición e entrega destas axendas escolares, ideadas co obxectivo de proporcionar aos/ás estudantes unha ferramenta para mellorar a organización das súas tarefas e que á vez sirva para mellorar a comunicación entre profesorado e familias.

Ademais dun calendario detallado e axustado ás necesidades dos escolares, como apartados para o horario escolar, exames e deberes, a axenda escolar para o curso 2020-2021 inclúe todos os programas municipais relacionados coa educación que levan a cabo durante o ano, como talleres e actividades de diversos tipos.

Do mesmo xeito, a axenda tamén inclúe contidos para promover a normalización da lingua galega entre o alumnado, as conmemoracións e datas destacables, así como unha listaxe dos principais teléfonos e correos electrónicos de interese para a poboación escolar. Estas axendas están financiadas pola Deputación de Pontevedra no marco da convocatoria de subvencións encamiñadas á dinamización da lingua galega dirixidas aos concellos co fin de promover e fomentar o emprego da lingua galega na sociedade durante o ano 2020.


Publicado en Ensino
Visto 871 veces