fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Xullo 2020 13:20

Axuda para material escolar Curso 2020/2021

Axuda para material escolar Curso 2020/2021

A convocatoria ten por finalidade a concesión do material escolar necesario para o curso 2020/2021 do alumnado matriculado en educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP ou PCPI.Entenderase por material escolar o necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto.O outorgamento destas subvencións realizaranse en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios recollidos nas bases.

O prazo de presentación será de 30 días naturais, contando dende o día seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria no BO da provincia (11-07-2020)

Requisitos xeraisPara poder optar a estas axudas, as persoas interesadas deberán de cumprir os seguintes requisitos:

• Ser pai, nai ou titor legal do alumnado matriculado durante o curso escolar 2020/2021 en educación infantil secundaria ou bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP ou PCPI.

• Que a unidade familiar esté empadroada no concello de Soutomaior.

• Convivir cos/cas alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

• Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 75% do IPREM per cápita, que equivale ao 100% do subsidio básico da RISGA.

No caso de non existir datos de ingresos da unidade familiar, computarase como mínimo familiar o equivalente ao subsidio básico da RISGA

Máis información nas oficinas do Concello de Soutomaior


Publicado en Ensino
Visto 1001 veces