Luns, 06 Abril 2020 12:06

Tendais comunitarios: os coidados ó clareo.

Tendais comunitarios: os coidados ó clareo.

O Concello de Soutomaior pon en marcha a INICIATIVA: TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo dirixida a todas as idadesco fin de dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida; mediante a manifestación creativa e afectiva da corresponsabilización da comunidade.

Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal  e universal  cómpre pararnos a pensar e reflexionar, pois é certo que ten limitados os nosos movementos físicos pero tamén é certo que non pode parar a nosa capacidade de viaxar polo noso universo interior. Nin tampouco pode limitar a nosa capacidade de compartir e  expandir ese universo ao resto da comunidade para axudar e axudarnos mediante a nosa experiencias e aprendizaxes.  

1º FASE DA INICIATIVA que consistirá en PREPARAR OS TENDAISnos que colguemos o que queremos compartir en relación ao autocoidado e aos coidados das demais persoas. Reflexionar e compartir coa comunidade:

  • que fago eu para coidarme?
  • como coidos ás demais persoas?
  • como nos corresponsabilizamos para coidar?...

Respostar a estas e outras moitas preguntas con ideas, propostas, estratexias... para compartilas e axudar a outras persoas a coidar e coidarse. Colgalas nosTENDAIS confeccionados con imaxinación, compostos por creacións propias, con diversidade e con respecto.

Para facelos visiblespoderemos compartidos a través da canle específica de youtube:

aberta polo Concello de Soutomaior para albergar esta iniciativa co fin de visibilizar os procesos de creación do tendal e compartir as imaxes da evolución dos tendais porque o feito de non poder saír das casas limita que todas as persoas do Concello poidamos acceder e tamén a distancia dificulta a visibilidade do que se quere contar. Moi importante porque o obxectivo é compartir durante este momento de confinamento para acompañarnos.

PRAZO DESTA FASE: durará o tempo que dure o Estado de Alarma decretado.

Cando remate o Estado de Alarma comezará a FASE 2.­ POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS que parte da tradición galega poñer a roupa ó clareo. Esta labor podía durar moito tempo porque era un proceso laborioso que as lavandeiras facían con esmero, agarimo e coidado porque era importante para o benestar das persoas que conformaban a comunidade e porque se soía facer en espazos comunitarios como os lavadoiros ou as eiras e campos onde as persoas se relacionaban e compartían. Esta fase terá dúas partes:

Primeira, a PREPARACIÓN DA EXPOSICIÓN "POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS"

Para a presentación dos Tendais abrirase un prazo cando remate o Estado de Alarma para que as e os autores/as presenten as súas pezas. No momento da entrega cubrirán un formulario de inscrición en liña e poderedes entregar os vosos Tendais na OMIX ou CIM. A organización da exposición farase mediante a agrupación por temáticas tendo en conta as seguintes modalidades (consultar bases):

MODALIDADE "PERSPECTIVAS"

CLAREO MIÚDO (ata 11 anos)

CLAREO ADOLESCENTE (12 a 17 anos)

CLAREO XUVENIL (18 a 35 anos)

CLAREO ADULTO (36 ata 55)

CLAREO 3º IDADE (56 anos  en diante)

 

MODALIDADE"MICROCOMUNIDADES DE RESISTENCIA"

(para todos os membros da unidade familiar de convivencia durante o Estado de Alarma)

TENDAL CREATIVO

TENDAL BO TRATO

TENDAL REDES

 

Segunda parte será a granXUNTANZA DO CLAREO que será unha xornada en día de fin de semana cun carácter festivo e participativo pensada para xuntarnos, para xogar, bailar, escoitar música, participar en obradoiros e enredar arredor dos tendais que estarán expostos  simbolicamente como resultado das nosas reflexións, pensamentos e accións. 

PRAZO DESTA FASE: comezará cando remate o Estado de Alarma decretado e resolverase no prazo máximo de 2 meses.

O Concello de Soutomaior entregará un agasallo a todas as persoas que participen e un diploma conmemorativo. A maiores tamén se entregará un diploma cunha especial mención ós Tendais que mellor recollan o espírito solidario desta iniciativa.

Podedes consultar as bases da iniciativa nas webs municipais

e seguirnos en:

E logo? ti que fas para coidar, coidarte e coidarnos? Compárteo!!!


Publicado en Ensino
Visto 1124 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...