fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Marzo 2020 12:24

Soutomaior coa ciencia, continúan as actividades nos centros educativos.

Soutomaior coa ciencia, continúan as actividades nos centros educativos.

Este xoves o alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Soutomaior participou nos obradoiros de Robotica e de Impresión 3D. No obradoiro de Robótica o alumnado iniciouse na programación de robots  mbot mediante unha serie de probas básicas co fin de preparar e programar os seus robots para a participación nun  gran torneo no que tiveron que superar varios retos participando en equipos de traballo. No obradoiro de impresión descubriron as posibilidades da impresión 3D dun xeito ameno e divertido. Deseñaron as súas primeiras pezas con Tinkercad que posteriormente prepararon para imprimir. En paralelo, aproximáronse á vertente máis creativa desta nova tecnoloxía utilizando bolígrafos 3D e os resultados foron moi variados, desde gafas ata corazón ou flores para usar como chaveiros. 

Durante estas semana tamén se iniciaron os obradouiros de Robótica dirixidos ao alumnado de primaria matriculado no Colexio Santiago Apostol. Nas videiras semanas haberá máis obradoiros nos centros. Por outra banda, segue aberta a inscrición para participar nas actividades que se realizarán o sábado 14 de marzo no Multiusos dirixidas á cidadanía en xeral e a todas as idades: escape room, realidade virtual, coméndonos a ciencia, obradoiro e-téxtiles, espectáculos científicos... etc. Non vos perdades estas actividades porque serán moi divertidas e interesantes. Contaremos con profesionais con moita experiencias do equipo de CEO ABERTO que dun xeito ameno e sinxelo nos axudarán a comprenser mellor a ciencia desde a nosa realidade cotia.

Se estades interesados e interesadas podedes inscribirvos a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Todas estas actividades están enmarcadas na programación de SOUTOMAIOR COA CIENCIA impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior e son todas de balde. Animádevos será divertido e diferente!!!

Para recibir máis información podedes contactar coa OMIX no número 986700822 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 


Publicado en Ensino
Visto 701 veces