fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 23 Decembro 2019 10:49

Os escolares reciben a visita de Papá Noel

Os escolares  reciben a visita de Papá Noel

 Papa Noel visitou as clases dos centros educativos do Concello de Soutomaior para recoller os desexos dos pequenos e felicitarlles as festas antes das súas vacacións de nadal.

A edil municipal de educación, Fátima Vidal, estivo presente durante a visita que tamén contou coa participación de Roti, a mascota municipal que promociona a seguridade viaria entre os máis pequenos.

Durante a visita, Santa Claus recibiu os desexos dos nenos para os seus agasallos de Nadal e premiou a profesores e nenos, xa que todos afirmaron portarse ben, cun gran puñado de caramelos e unha lámpada portátil para fomentar a lectura.
Roti, a mascota municipal que fomenta a seguridade viaria entro os máis pequenos, tamén participou na visita dando bos consellos aos alumn@s para este período vacacional, especialmente sobre o uso das posibles novas bicicletas, patinetes e outros xoguetes que os nenos poden recibir durante estas datas.


Publicado en Ensino
Visto 893 veces