Ensino
Ensino +
Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior participaron nun novo proxecto que o Concello de Soutomaior está a levar ás aulas do municipio, mellorar as habilidades sociais dos máis novos coa axuda de cans. A iniciativa, enmarcada dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos do Concello , busca a axuda dos animais para incidir na aceptación das diferenzas, a mellora da autoestima e potenciar a empatía.
Mediante sinxelos exercicios e xogos cos cans, os alumnos traballaron conceptos básicos para as relacións sociais como a paciencia, o traballo e dedicación que conleva todo proceso de aprendizaxe ou como tolerar a frustración, por exemplo, para comunicarse cos cans. Dado que os cans non falan o mesmo linguaxe que eles, os nenos necesitan aprender a usar outros medios para entenderse, como a linguaxe corporal.
Con accións e xogos deste tipo, os profesionais buscan que o neno empatice co can e que, a través dese vínculo, poida entender como sente. Desta maneira, os mozos aprenden como ir mellorando as súas relacións, creando actitudes e hábitos que favorecerán as súas relacións interpersoais durante toda a súa vida.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +