fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 14 Novembro 2019 19:47

Actividades para as vacacións de Nadal!

Actividades para as vacacións de Nadal!

Ata o 17 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas ACTIVIDADES PARA AS VACACIÓNS DE NADAL programadas pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Este ano contamos con dúas temáticas que están moi relacionadas porque con ambas se trata de sensibilizar sobre o respeto ao medio ambiente e natureza e consumir responsablemente. Por unha banda, as actividades educativas sobre o medio ambiente e a natureza "A voltas coa bichería" que inclúen actividades dirixidas a públicos desde os 3 ata os 17 anos vencelladas á Escola Municipal Urbana Ecolóxica e a un tema que actualmente preocupa moito como é o caso da avespa velutina; e, por outra banda, as actividades "Infonadal" nas que se abordarán temas sobre o consumo responsable no Nadal.

Todas as actividades serán moi interactivas, cunha dinámica divertida e moi creativa co fin de aprender moitas cousas a través do xogo e da creación e irán dirixidas a todas as idades. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:

 

Actividade: Bicheando: xogos e moito máis!

Grupo LARVAS - 3 a 6 anos

Datas: 

Xoves 26 de decembro (de 12.15 a 13.30 h)

  • Presentación Bichiños. Conto: “Pepiña Maruxiña quere voar”. Bicheando, xogos para coñecer e gozar cos bichos.

Venres 27 de decembro

  • Manualidade animal. Coñecendo as casas dos bichos. Visita ao “Bichina d´or” cidade de vacacións para bichos.

 

Actividade: “Bichina D´or”, cidade de vacacións para bichos

Grupo BICHOS - 7 a 11 anos

Datas: 

Xoves 26 de decembro (de 10.30 A 12 h)

  • Canto sabemos de…(xogo de preguntas e curiosidades sobre os bichos veciños). Bichos beneficiosos; a vida en comunidade. Saída a recoller material para o hotel.

Venres 27 de decembro

  • Construción do noso hotel bicheiro. Colocación e inauguración “Bichina D´or”, cidade de vacacións para bichos na Horta Municipal Urbana Ecolóxica.

 

Actividade “DESASTRE VELUTÍNICO” - 12 a 17 anos.

Organizaremos grupos de idade e amizades, cun máximo de 5 ou 6 participantes cada un.

Datas e horarios: Venres 27 de decembro (de 11.30 A 13.30 h)

DESGRAZA!!!!!! No laboratorio de Soutomaior estaban facendo unha investigación para combater á Avespa Asiática coñecida como a “Vellutina”. Pero antes de dar coa fórmula acertada, aconteceu un roubo que pon en perigo a nosa vila, xa que o envase non estaba protexido e o produto en contacto co aire fai unha reacción mortífera ao cabo de dúas horas… Seguindo as regras e normas dos xogos de escapismo teremos que resolver unha serie de pistas que liberarán a Soutomaior dun ataque masivo que terá unhas consecuencias nefastas. Acudimos á mocidade de Soutomaior para evitar o desastre pero só dispoñemos de dúas horas e o tempo empeza a correr……XA!

 

Charla: Trucos para aforrar no Nadal.

Actividade na que asesoraremos os adultos/as sobre como xestionar as compras do Nadal para evitar a influencia da publicidade, ofrecendo pautas de aforro e consumo responsable.

  • Idades: público xuvenil e adulto.
  • Data: luns 30 de decembro
  • Horario: 11.30 a 12.30 h

 

Actividade:  Pídomo, pídomo!

Actividade para tomar conciencia de que os agasallos non teñen que ser sempre algo material e descubrir que existen outras opcións ademais dos produtos que publicitan as revistas e a televisión.

  • Idades: 3 a 7 anos
  • Data: luns 30 de decembro
  • Horario: 11.30 a 12.30 h

 

Actividade: Escoller agasallos, que pido este ano?

Na que os nenos/as reflexionarán sobre como inflúe a publicidade na elección dos agasallos e a importancia de coñecer as características reais dos produtos. Trátase de promover formas alternativas de lecer centradas nos amigos/as, na familia,...

  • Idades: 8 a 12 anos
  • Data: luns 30 de decembro
  • Horario:12.30 a 13.30 h

 

As inscricións faranse EN LIÑA a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

As prazas son limitadas! Todas estas actividades realizaranse no Multiusos en Arcade e será de balde!

Máis información na OMIX, 986700822


Publicado en Ensino
Visto 1179 veces