Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo. Esta visita será guiada e vai dirixida a todos os públicos porque para xogar non hai límite de idade. Desde a Concellería de Educación, trátase, en definitiva, de ofrecerlles ás familias de Soutomaior, pero sobre todo aos/ás máis cativos/as un tempo que transcorrerá dun modo inesquecible, no que conxugar habilidade e diversión a través dos enxeñosos dispositivos lúdicos que se espallarán polo Museo Centro Gaiás e ao alcance de todos e todas.
A xornada ademais contará cun programa máis extenso de actividades que nos farán aproveitar a visita ao máximo e pasar un domingo diferente en Santiago de Compostela. Pola mañá tamén visitaremos un museo moi especial para Galicia, o Museo das Peregrinacións, onde as guías nos explicarán moitas cousas sobre a peregrinación como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións e a cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación. Unha visita que tamén estará adaptada a todas as idades.
O programa de actividades para esta xornada é o seguinte:
10.30 h Saída desde Casa do Concello en Soutomaior .
Saída desde Cruce de Pierres en Arcade .
11.30 h Chegada a Santiago de Compostela.
12.00 a 13.30 h Visita guiada “MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS”
13.30 a 15.15 h Xantar e tempo libre (por conta de cada participante).
15.30 h Reunión do grupo e saída para o monte Gaiás.
16.00 h a 17.30 h Visita guiada EXPOSICIÓN ARGALLAR: para xogar
coa arquitectura. Museo Centro Gaiás.
17.30 a 18.30 h Tempo libre para xogar e experimentar por libre.
18.30 h Reunión no punto de encontro e regreso a Soutomaior
A participación desta xornada é de balde. A actividade conta coa colaboración de todas as entidades ás que imos visitar e tamén do proxecto TERRA do Colexio de Aquitectos/as de Galicia.
As prazas son limitadas e as inscricións son obrigatorias EN LIÑA ata o xoves 24 de outubro no enlace: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2198/visita-argallar-exposicion-para-xogar-coa-arquitectura
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +