fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Novembro 2015 12:52

Escola de país e nais, relaxación en familia

Escola de país e nais, relaxación en familia

A ESCOLA DE NAIS E PAIS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR REGRESA CUN TALLER DE RELAXACIÓN PARA FAMILIAS

A sesión ten como obxectivo achegar estratexias que axuden a mitigar a tensión no contorno familiar

Venres día 20 de 18,00 a 20,00 horas – Multiusos de Arcade

A Escola de Nais e Pais que organiza a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior regresa este venres cunha nova sesión práctica para todos os interesados. Nesta ocasión trátase dun taller de relaxación para familias, con especial atención ás técnicas e solucións que se poden aplicar ás situacións estresantes que se producen no fogar e a contorna familiar. O taller é totalmente gratuíto e desenvolverase de 18 a 20 horas no Multiusos de Arcade. O taller (totalmente práctico) centrarase en achegar ás familias estratexias e xogos que incrementen a empatía de maneira que os participantes poidan axudar a reducir as situacións de tensións, conseguindo así un ambiente familiar máis fluído e agradable aínda cando estean presentes axentes distorsionadores que compliquen a convivencia.

Todos os participantes deberán acudir equipados cunha esterilla. As familias con fill@s poderán asistir con eles xa que paralelamente ao taller desenvolveranse actividades infantís no propio multiusos. Nesta ocasión as familias poderán poñer en práctica todas as técnicas aprendidas durante a sesión xa que contarán con tempo libre ao final do taller para que xuntos compartan e fixen os novos conceptos.


Visto 3629 veces