fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Novembro 2015 12:10

Obradoiro:Técnicas de relaxación para familias

Obradoiro:Técnicas de relaxación para familias

A Escola de Pais e Nais organizada pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior realizará este venres 20 de novembro de 18 a 20 h unha nova sesión que nesta ocasión tratará o tema das técnicas que se poden aplicar antes situacións estresantes que se producen nas familias.

O obradoiro será moi práctico durante o cal as familias aprenderán estratexias que poden axudar a minorar o estres e a facer que o ambiente familiar sexa máis fluído e agradable cando hai axentes distorsionadores que  provocan situacións complicadas.

As persoas que asistan deberán traer unha esterilla. Lembramos ofrecemos a posibilidade de que as familias traian aos seus fillos/as pois haberá unha actividade dirixida a eles/as ao mesmo tempo. Nesta ocasión ademais, as familias poderán poñer en práctica as técnicas aprendidas xa que cara o final da sesión deixaremos un tempo para que xuntos compartan estas técnicas.

A actividade terá lugar no Multiusos en Arcade. Agardámosvos!

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Visto 1724 veces