fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 25 Febreiro 2019 19:42

Presentación do programa ColeRoteiros este pasado domingo na Xornada de Educación Vial

Presentación do programa ColeRoteiros este pasado domingo na Xornada de Educación Vial

O Concello de Soutomaior presentou este domingo un novo programa educativo e xuvenil "ColeRoteiros" camiños escolares en Soutomaior dirixido a facilitar que nenos e nenas e mozos e mozas poidan ir aos centros escolares do municipio en bici ou andando. Ten como fin impulsar hábitos saudables, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria a través da adquisión de hábitos de acompañamento e seguridade mediante o Volunvial. Na primeira fase do programa establecese un calendario de "Rotiquedadas" que serán as saídas programadas  para ir todos xuntos ao cole. Nestas saídas o alumnado inscrito no programa irá acompañado por monitores/as que os guiarán dun xeito seguro ata os centros e que os recolleran nos centros para regresar de novo a casa despois da xornadar escolar. Ademais, do acompañamento tamén se establecerán unha serie de medidas de seguridade que estarán coordinadas por varios efectivos como a Policía Local entre outros. Ás persoas inscritas tamén se lles entregará un ROTIKIT co material necesario  para que durante os percorridos poidan facerse visibles  con brazaletes relfectantes, etc.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán inscribirse na web municipal https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/coleroteiros

Nesta web tamén  se poderá consultar información máis detaiada sobre o programa. 

Este domingo tamén tivemos a ocasión de coñecer a ROTI,  a mascota do programa que se encargará nas vindeiras semanas de informar a veciños e veciñas, alumnado, comercios, etc.. Tamén podedes informarvos na OMIX sobre o programa e resolver as dúbidas que poidades ter.

Este é un programa para todas as idades porque aínda que non estés en idade escolar tamén podes colaborar como voluntario/a acompañando, informando ou nos puntos de seguridade dos ColeRoteiros. Faite amigo/a do programa contribuíndo así a que a xuventude poida disfrutar indo ó cole facendo amizades, charlando, adquirindo hábitos saudables, compartindo, responsabilizándose, gañando en autonomía de xeito seguro, practicando deporte, etc.  


Publicado en Coleroteiros
Visto 1056 veces