fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Novembro 2018 18:24

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de Nadal

Microlab e construíndo con formas. Prazo aberto obradoiros vacacións de  Nadal

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros que organiza a Concellería de Educación para as vacacións de Nadal.

As actividades van dirixidas a idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os obradoiros están planificados tendo en conta as idades e por iso faremos grupos por idades.

O grupo de 3 a 5 anos participará no obradoiro Construíndo con formas que estará baseado no conto do psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci " El país de los cuadrados" e así traballaremos o mundo das formas. Formas relacionadas con nos mesmos/as, coas cousas que nos rodean, coas que non vemos e coas que imaxinamos.Partindo da lectura do libro e de como poden ir cambiando as formas básicas de todo o que nos rodea, xogaremos, construiremos e recrearemos diferentes tipos de formas, posibles ou imposibles…  Este obradoiro será impartido por "Contido Aberto".

Para as idades de 6 a 18 anos temos preparado o Microlab, que terá a súa base na aprendizaxe visoespacial, unha área esquecida normalmente pero moi importan para que as persoas se desenvolvan creativamente, se conecten ó entorno e participen con criterio. Tocaremos temas ligados á arquitectura, espazo, construcción, transformación etc. sempre a través da experimentación e do lúdico: xogos de arquitectura, xogos e percepción con símbolos e sinais e como non coa sesión Eureka! durante a cal nos achegaremos aos procesos de deseño de imaxes e obxectos a partir de pequenos proxectos formulados como enredos e xogos. Estes obradoiros serán impartidos por "Taller Abierto"

 

Datas:

  • 26,27 decembro e 2 de xaneiro no Multiusos en Arcade

Horarios:

  • Construíndo con formas (3-5 anos) 11 a 12.30 h
  • Microlab (6 a 11 anos) de 11.30 a 12.30 h
  • Microlab (12 a 18 anos) de 12.45 a 13.45 h

As prazas son limitadas polo que haberá que anotarse previamente a través da:

O prazo de inscrición remata o 20 de decembro. Para máis información póñanse en contacto coa OMIX ou ben en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Concellería de Educación
Actividades Educativas de Nadal 

18-Actividades-Educativas-de-Nadal.jpg


Inscricións ata: 20 Dec 2018 
Datas: 26-12-2018 ó: 02-01-2019 / Horarios por grupos de idade
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: 3 - 18 anos (menores con autorización)

Inscrición en LIÑA

Publicado en Ensino
Visto 1181 veces