Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros que organiza a Concellería de Educación para as vacacións de Nadal.
As actividades van dirixidas a idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os obradoiros están planificados tendo en conta as idades e por iso faremos grupos por idades.
O grupo de 3 a 5 anos participará no obradoiro Construíndo con formas que estará baseado no conto do psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci " El país de los cuadrados" e así traballaremos o mundo das formas. Formas relacionadas con nos mesmos/as, coas cousas que nos rodean, coas que non vemos e coas que imaxinamos.Partindo da lectura do libro e de como poden ir cambiando as formas básicas de todo o que nos rodea, xogaremos, construiremos e recrearemos diferentes tipos de formas, posibles ou imposibles… Este obradoiro será impartido por "Contido Aberto".
Para as idades de 6 a 18 anos temos preparado o Microlab, que terá a súa base na aprendizaxe visoespacial, unha área esquecida normalmente pero moi importan para que as persoas se desenvolvan creativamente, se conecten ó entorno e participen con criterio. Tocaremos temas ligados á arquitectura, espazo, construcción, transformación etc. sempre a través da experimentación e do lúdico: xogos de arquitectura, xogos e percepción con símbolos e sinais e como non coa sesión Eureka! durante a cal nos achegaremos aos procesos de deseño de imaxes e obxectos a partir de pequenos proxectos formulados como enredos e xogos. Estes obradoiros serán impartidos por "Taller Abierto"
Datas:
Horarios:
As prazas son limitadas polo que haberá que anotarse previamente a través da:
O prazo de inscrición remata o 20 de decembro. Para máis información póñanse en contacto coa OMIX ou ben en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Concellería de Educación
Actividades Educativas de Nadal
Inscricións ata: 20 Dec 2018
Datas: 26-12-2018 ó: 02-01-2019 / Horarios por grupos de idade
Lugar: Multiusos de Arcade
Destinatarios/as: 3 - 18 anos (menores con autorización)
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +