fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 11 Setembro 2018 12:31

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos alumnos e as súas familias, o Concello, en colaboración co equipo directivo, organiza este xoves unha xornada de portas abertas con visitas guiadas entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Os percorridos polo novo edificio terán unha duración aproximada de 30 minutos, polo que os asistentes repartiranse en varios grupos para que a visita sexa o máis cómoda posible para todos os participantes. Así mesmo, durante a xornada o equipo directivo do centro resolverá todas as dúbidas que os novos alumnos e os seus familiares poidan ter antes de comezar as clases.


Publicado en Ensino
Visto 1745 veces