fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Xullo 2018 12:03

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo coa posta en marcha dunha campaña de información e sensibilización sobre os residuos que xeramos e que facemos con eles. A acción de campo realizarase este domingo 15 de xullo na Ponte Colgante de Soutomaior pola tarde desde as 17 h ata as 20 h. Un grupo de persoas voluntarias colacarán uns paneis informativos nos que se recollen varias problemáticas  medio ambientais en relación ós residuos que deixamos na natureza e quepolo que contaminan ou polo tempo que tardan en degradarse cando nos os reciclamos nin os deixamos nos colectores.

Ademais, da colocación dos paneis onde se recolle  a información básica da campaña tamén haberá un apartado específico na web do Concello no que se ampliará a información e á cal se poderá acceder a través da lectura dos códigos QR dos paneis. Trátase de que a campaña teña in impacto directo sobre as persoas que se achegan a visitar ou a pasar o día nese entorno da Ponte Colgante pero tamén de chegar a outras persoas que vexan a campana na web porque é unha problemática que ocorre noutros moitos lugares.

Os paneis foron deseñados polas persoas voluntarias nun obradoiro previo onde foron formados sobre estas problemáticas. Estes paneis estarán colocados na Ponte Colgante ata finais de verán e logo permanecerán na web de xeito permanente.

Para recibir máis información sobre esta accións e sobre futuras acción voluntarias que o Concello de Soutomaior poña en marcha podedes consultar a web www.gabinetesoutomaior.com ou enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


Publicado en Si quero, colaborar
Visto 1376 veces