fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 27 Xuño 2018 13:28

Ampliación de prazo e de idade Aventura en inglés

Ampliación de prazo e de idade Aventura en inglés

O Concello de Soutomaior  amplía o prazo para participar na actividade AVENTURA EN INGLÉS ata o 19 de xullo de 2018. Tamen se fai unha modificación na idade podendo participar mozos e mozas que teñan 13 anos pero que cumpran os 14 anos no ano en curso (2018 ).

 

Aventura en inglés é un programa cultural e lúdico que utilizará como lingua vehicular o inglés en todas as actividades e con presenza 100% da cultura inglesa porque se conta con profesorado nativo e con monitores/as de tempo libre bilingües (inglés/galego). Consiste na realización dunha estancia dunha semana durante a cal se participará en actividades de comunicación oral con persoas nativas,  actividades enfocadas ao coñecemento da cultura inglesa, actividades de lecer e convivencia nun entorno con moita historia e cun entorno natural ideal para fortalecer valores sociais e persoais. Prazas: mínimo 25 máximo 60.

Obxectivos:

-       Practicar o inglés en situacións cotiás nun ambiente de inmersión total.

-       Participar nunha actividade propicia  para coñecer a cultura anglófona e tamén a cultura do lugar de acollida e a súa historia.

-       Promover a adquisición de competencias e habilidades sociais en relación á autonomía e as competencias cívico – sociais.

-       Fomentar o interese por outras culturas e realidades mediante unha experiencia única  nun entorno moi especial.

-       Favorecer a participación en actividades de lecer e tempo libre educativas co fin de promover valores sociais e persoais enriquecedores para os participantes e tamén para a comunidade.

Datas: 9 A 15 de setembro (7 días/6 pernoctas)

Lugar:Centro de inmersión lingüística OS PEARES.

Actividades en inglés: teatro e expresión corporal, cancións, on english, orientación GPS, Lipdub+ Radioworkshop, great scape, xogos tradicionais, olimpiadas, etc. E ademais, kaiak, paddeldboard, tiro con arco, slack line, cabullería, rapel

Prazo de inscrición:na OMIX desde 24 de abril ata 31 de maio ou ata cubrir prazas.

Custe:70€ empadroados/as; 250€ non empadroados/as. Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernocta en instalacións na, manutención completa, seguridade.

OBSERVACIÓNS:Realizarase unha reunión co equipo de monitores/as en xullo: a data comunicarase cando se comunique a admisión.

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ou na OMIX, 986700822 - Consultar bases


Publicado en Ensino
Visto 1395 veces