fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 01 Xuño 2018 20:09

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío  en horario de 18 a 20 h.

A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as participantes terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Serán probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa.

Ademais, destas iniciativas desde o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais . Este sábado´2 de xuño comezamos coa primeira acción de voluntariado: Hoxe Imos limpar que se levará a cabo nunha pequena praia de Arcade e coa que se pretende concienciar sobre a necesidade de reducir o usos de plásticos e da necesidade de reciclar para que non acaben nos nosos mares e praias.

A seguinte acción  "Hoxe imos informar e concienciar" durará dúas xornadas:  martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 h na Carballeira de Arcade para elaborar o material da campaña informativa e  domingo 15 de xullo de17.00 a 20.00 h para realizar a acción de campo que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante  sobre o Verdugo durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado. 

 

 

 


Publicado en Ensino
Visto 1707 veces