fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 08 Outubro 2015 20:25

Novas actividades da Concellería de Educación

Novas actividades da Concellería de Educación

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación convoca novas actividades para este trimestre de outubro a decembro. 

Comeza a nova temporada da Escola de Pais e Nais que nesta ocasión ofrece tres obradoiros para pais e nais moi prácticos: o primeiro en outubro sobre como delegar na familia, o segundo en novembro sobre técnicas de relaxación para manexar o estrés e o terceiro en decembro de risoterapia familiar. As familias poden acudir cos fillos/as porque para eles/as tamén haberá obradoiros. 

Ábrese o prazo para participar nunha actividade ESCOLA DE TALENTOS coa que se pretender fomentar a vocación dixital entre os máis pequenos/as ao mesmo tempo que se fomenta que descobran e impulsen o seu talento. Nenos e nenas aprenderán a usar o programa CODE, o Laboratorio de iDEAS e XOGARÁN coas leis xa física e da lóxica co programa FANTASTIC CONTRAPTION. Esta actividade levarase a cabo na aul de informática do Centro Multiusos en Arcade e os menores deberán vir acompañados por un adulto que estará durante a sesión compartindo aprendizaxes cos seus fillos/as.

Tamén se ofrece un curso sobre SCRATCH dirixido a persoas a partir de 12 anos para aprender a manexar este programa.

E, finalmente xa para o mes de decembro realizarase un campamento urbano para as vacacións de Nadal onde a ciencia, a inventiva, a tecnoloxía e a diversión serán os alicerces sobre os que se sustentará unha programación educativa e lúdica chea de moitas sorpresas.

Se estades interesados en participar nestas actividades podedes anotarvos na OMIX no centro Multiusos. A información está colgada na web www.soutomaior.com

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 

 


Publicado en Ensino
Visto 2190 veces