Compromiso Horta Urbana

COMPROMISO DE  PARTICIPACIÓN E ACEPTACIÓN DE NORMAS

 

Dona ___________________________________________________________________, maior de idade con data de nacemento ____________________________, con DNI núm. _______________________, con domicilio en _____________________________________________________________________________________

 

DECLARO

1. Que se me informou sobre as liñas xerais de participación no proxecto de Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica do Concello de Soutomaior e que se me entregou o documento de normas de funcionamento.

2. Que cumpro os requisitos requiridos para participar no proxecto:

  • Ser veciño/a de Soutomaior, figurando inscrito/a no Padrón Municipal de habitantes.
  • Estar fisicamente capacitado/a para realizar o traballo agrícola.
  • Ser maior de idade ou vir acompañado dunha persoa que teña titularidade da  horta/parcela previa autorización.
  • Aceptar as normas de funcionamento interno da horta.

3. Que me comprometo a  participar na formación  que se organice  dentro do proxecto para o bo funcionamento do proxecto.

4. Que  como persoa inscrita  adquiro unha adxudicación temporal da parcela para continuar coas labores durante o ano 2018 baixo a supervisión da comisión de seguimento. 

5. Que a autorización de uso temporal supón o recoñecemento formal por parte dos usuarios/as do dereito de xestión do Concello de Soutomaior da parcela utilizada e da horta municipal na súa totalidade; así como, todas as instalacións inseparables ao terreo. 

6. Que me comprometo a aportar:

  • Ferramentas básicas (algunhas poden ser de uso común acordadas nas normas internas do grupo), produtos agrícolas e material vexetal necesarios para cultivar. 
  • Sementes e plantóns para comezar o cultivo así como material complementario (cordas, titores, arame, etc.). 
  • Subministración de compós e abono orgánico para o inicio do cultivo. 

7. Que se me entrega  o documento de NORMAS DE FUNCIONAMENTO E USOS ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA ECOLÓXICA estipuladas polo Concello.

8. Que me comprometo a incorporarme ao proxecto da Horta respetando as normas de funcionamento do grupo de hortelanos/as xa existente e a participar democraticamente nel para un bo funcionamento do proxecto.

E, para que así conste, asino esta declaración de compromiso e aceptación de normas do proxecto de Escola Municipal de Horta Urbana e Ecolóxica en Soutomaior, o ------ de --------de 2018.

 

 

 

(Sinatura)

 



Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...