Martes, 27 Marzo 2018 13:25

Resultados V Carreira da Ostra

Resultados V Carreira da Ostra

Brais Misa de Porriño foi o vencedor da V Carreira dá Ostra celebrada en Arcade en pasado domingo cun percorrido urbano de 6 km, realizou o percorrido en 18 min 35 seg mellorando o record da carreira que estaba en 19 min 11 seg do ano pasado. segundo e terceiro clasificáronse Jorge Janeiro e Gabriel Vázquez respectivamente.

Na categoría feminina a primeira clasificada foi Natalia Lorenzo de Milladoiro cun tempo de 23 min 51 seg segunda foi Yolanda Campos e terceira Vanesa Insaurralde.

Os primeiros clasificados do Concello foron en categoría masculina Daniel Álvarez Álvarez cun tempo de 20 min 23 seg, sétimo clasificado absoluto e en categoría feminina Mónica Alarcón Hernández con 28 min. 23 seg.

A participación elevouse este ano a 230 corredores divididos en categorías promesa, sénior e veteranos tantos en categorías masculinas e femininas.

A carreira contou coa colaboración do Club Ciclista Arcade, Policia Local, Confraría de Pescadores de Arcade e Protección Civil

Todas as clasificacións e os tempos realizados pódense ver na páxina www.cronotec.es.

Na carreira tamén participou o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera que se clasificou no posto 149 cun tempo de 34 min 36 seg participando, como outros moitos, de maneira lúdica e non competitiva.

Despois da carreira dos maiores tocoulles a quenda aos máis pequenos nas categorías de: Chupetes, Pitufos, Benxamins, Alevíns, infantís e cadetes.

Máis de 150 participantes que recibiron todos unha medalla de participación.

As fotos da carreira pódense no Facebook do Concello de Soutomaior.

Preparando xa a próxima edición, o Concello de Soutomaior estuda a proposta recibida por algúns participantes para realizar unha carreira popular e lúdica de 5.700 metros e outra mais competitiva que seria a dúas voltas cunha distancia apróximada de 11 km.


Publicado en Deportes
Visto 2054 veces

Deportes

Moita diversión na Carreira Infantil da Ostra

Moita diversión na Carreira Infantil da Ostra

28-03-2023 / Deportes

A carreira da Ostra desta mañá foi algo incrible. Preto de 500 participantes e moitos máis espectadores/as xuntáronse no Peirao de Arcade para gozar deste gran evento deportivo. Estamos moi satisfeitos co resultado. O nosos parabéns a todos os gañadores e gañadoras e moitísimas grazas aos/ás que participastes, vos sodes o motivo polo que seguimos organizando actividades de lecer saudable para...

Xa está todo preparado para a Carreira Infantil da Ostra: Comproba a lista de inscrición

Xa está todo preparado para a Carreira Infantil da Ostra: Comproba a lista de inscrición

24-03-2023 / Deportes

Este domingo celebramos unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra que, como cada ano, reunirá a centos de familias no peirao e a moitos atletas que competirán nas distintas...

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

13-03-2023 / Deportes

Xa está aquí unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra. O Domingo día 26 deste mes centos de nenos e nenas correrán no Peirao de Arcade nun gran evento...

Noite para non esquecer: Unha Gala do Deporte Emocionante e Divertida

31-10-2022 / Deportes

O pasado venres celebramos a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior. Presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera, ata 30  deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os...

O Luns abrimos as inscricións para as escolas deportivas

09-09-2022 / Escolas Deportivas

A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de...

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar...

O concello pon a disposición dos deportistas unhas axudas económicas para que poidan perseguir as súas metas

26-07-2022 / Deportes

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón...

Xa dispoñible o programa da última semana de actividades de verán

21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Na última semana  de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30...