fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Marzo 2018 13:23

Finaliza o prazo para inscribirse na V Carreira da Ostra

Finaliza o prazo para inscribirse na V Carreira da Ostra

Mañá mércores día 21 de marzo será o último día para inscribirse na V Carreira da Ostra que se celebrará no Peirao de Arcade o vindeiro domingo día 25.

As inscricións  faranse para as categorías Xunior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MÉRCORES 21 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es .

 Os empadronados  no Concello de Soutomaior, deberan efectuar a súa inscrición gratuíta no Pavillón de Deporte ata as 22,00 horas do MÉRCORES 21 de Marzo.

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:

1.- Durante o SÁBADO día 24 de Marzo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

2.- O mesmo día da carreira, domingo 25 de marzo, dende as 9:00 ata media hora antes do comezo de cada proba (ata as 11:00 horas), no “Peirao de Arcade” facilitando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.


Publicado en Deportes
Visto 2064 veces