ARCADE RENOVA O SEU SKATE PARK .
Os novos elementos están listos para a celebración do I Festival de Cultura Urbana.
Os amantes do monopatín e BTT contan dende esta semana con novos elementos no skatepark do Peirao de Arcade.
O recinto estreou un equipamento formado por catro novos módulos e o seu deseño e instalación foron consensuados con mozos afeccionados a este deporte.
Esta mellora levouse a cabo conxuntamente coa ampliación do parque infantil de Talo Río e ambas as dúas financiáronse con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra.
Esta actuación responde ao compromiso adquirido persoalmente polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, co colectivo de mozos do municipio que practican este deporte.
A mellora inclúe a reorganización dos elementos existentes na actualidade e a instalación dos catro novos elementos.