fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 18 Abril 2017 12:50

II Tirada Liga Galega Tiro con Arco 3D

II Tirada Liga Galega Tiro con Arco 3D

O vindeiro domingo día 23 de abril terá lugar a segunda xornada da liga Galega de Percorridos de Bosque de tiro con arco que se disputará nos montes de Candán (Soutomaior) organizada polo Club Cazarco e a FGTA coa colaboración do Concello de Soutomaior e da Comunidade de Montes da Pedreira.

A liga Galega de percorridos de bosque 3D é unha competición deportiva de tiro con arco que se desenvolve en Galicia e na que arqueiros federados na devandita comunidade compiten en distintos Percorridos de Bosque 3D que se desenvolven ao longo do ano e en diversas zonas galegas e da que sae un vencedor único por categoría a nivel galego

É unha proba oficial e organizada baixo o auspicio da Federación Galega de Tiro con Arco.

Ás 9,00 horas será a recepción aos arqueiros no Pavillón Municipal e ás 10,00 horas inicio da competición para finalizar sobre as 14,30 horas coa entrega de trofeos.

Todos os arqueiros deben de posuír licenza federativa emitida pola FGTA.

 

Máis información do evento:


Publicado en Deportes
Visto 2439 veces