fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 07 Marzo 2017 12:44

Día Internacional da Muller – Fútbol Femenino

Alevín feminino do Arcadia,E.F. Alevín feminino do Arcadia,E.F.

O día Internacional da Muller que se celebra mañá día 8 de marzo co lema “E tí, que fas pola igualdade” tamén ten o seu espello nun deporte ata hai pouco exclusivo para nenos: o fútbol

Este equipo, das categorías base do C.D. Arcade, está  formado  este ano exclusivamente con nenas está a competir con equipos de nenos (con máis ganas que acerto) pero creo que merecen facerlles unha distinción xa que é o único equipo da competición con esas características.

O equipo  está formado por Alba, Erica,Lucia, Duña, Carmen, Daniela, Paula, Uxia, Ainhoa, Zaira, Andrea e Rocio.

O seu adestrador é Joaquín Martinez que é o axudante do entrador do equipo da 1ª división galega.

Este equipo formouse para empezar a formar canteira no Concello de Soutomaior de fútbol feminino e así nun futuro poder subir xogadoras ao Arcadia E.F. e darlle continuidade ao equipo e non pasar por apuros por falta de xogadoras como o fixeron outros equipos do futbol feminino.

Aínda que os resultados dos nenas alevíns non son bos hai que destacar o seu interese nos adestramentos e nos partidos non dándose por vencidas en ningún momento.


Publicado en Deportes
Visto 2997 veces