fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 07 Novembro 2016 11:37

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda 2016-2017

Sábado 12 de Novembro a partir das 18,00 h. Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón (Arcade)

A billarda foi un dos xogos máis populares (polo seu baixo custo) e coñecidos de Galicia , ten unha dimensión lúdica e educativa á parte de ser unha unión de convivencia entre os distintos participantes.

Créase en 2005 a liga Nacional de Billarda onde compiten equipos das comarcas de Ou Salnes, Morrazo, Pontevedra, Vigo, etc.

Uno dos obxectivos da LNB é recuperar e fomentar a práctica deste deporte tradicional sobre todo alí onde quedo no esquecemento.

Para iso xogarase a 6ª xornada da LNB no Concello de Soutomaior. Será o sábado 12 de novembro a partir das 18,00 horas no Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón (Arcade)

(en caso de mal tempo trasladarase ao Pavillón Municipal da Montesiña) onde participarán mais de 80 persoas nas categorías de masculino, feminino e infantil.


Publicado en Deportes
Visto 4012 veces