fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 13 Marzo 2023 11:30

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

Xa está aquí unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra. O Domingo día 26 deste mes centos de nenos e nenas correrán no Peirao de Arcade nun gran evento deportivo que pretende potenciar a vida sa e a actividade física entre a cativada do noso Concello.

Despois da carreira os/as participantes recibirán unha merenda para recuperar forzas, grazas á campaña 'Galicia sabe a mar' da Consellería de Pesca.

Como todos os anos, todos/as os/as participantes levarán unha medalla e un pequeno agasallo de parte do Concello.

*Esta iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Deporte.

 

 

 


Publicado en Deportes
Visto 489 veces