Deportes
Deportes +
Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán.
Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022, poden apuntarse ás Actividades de Verán que, un ano máis, veñen cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles.
Haberá un total de cinco grupos divididos por idades, todos eles cun máximo de 45 nenos e nenas. Así, o grupo ‘A’ contará cos nados os anos 2019 e 2018; o ‘B’ nados nos anos 2017 e 2016; o ‘C’ nados en 2015 e 2014; o ‘D’ nados en 2013 e 2012; e o ‘E’ nados en 2011, 2010 e 2009.
O prezo do plan é de 10 euros, aínda que se dous irmáns están inscritos o terceiro poderá acceder de forma gratuíta.
En canto á programación, o día 24 deste mes publicarase, xunto á lista de admitidos, o programa da primeira semana de actividades. Como vén sendo habitual, nas actividades nocturnas que se celebren, os menores deberán acudir acompañados dun adulto responsable.
Podedes inscribirvos no Pavillón Municipal ou no Concello, lembrade que en caso de superar o número máximo de prazas, darase prioridade por orde de inscrición.
Deportes
23-06-2022 / Deportes
Os nenos admitidos nas Actividades de Verán 2022 empezan este luns cunha programación que, seguro, gozarán ao grande. Hípica, golf e un rastrexo nocturno son algunhas das actividades das que gozará a cativada do concello esta semana. A lista completa de admitidos pódese descargar aquí, así como o programa desta semana. Cabe destacar que por motivos de organización, pode haber algunhas...
16-06-2022 / Deportes
Máis de 200 tiradores de todas as comunidades autónomas danse cita esta fin de semana no Castelo de Soutomaior para participar no Campionato de España de 3D, unha das modalidades...
07-06-2022 / Deportes
Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán. Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos...
28-03-2022 / Deportes
O pasado domingo celebrouse un dos eventos máis esperados polos nenos e nenas de Soutomaior, a Carreira Infantil da Ostra. Un evento deportivo que xa é unha tradición dentro da...
24-03-2022 / Deportes
Finalizado o prazo de inscrición da Carreira Infantil da Ostra achegamos a relación de rexistrados por categorías. Se houbese calquera erro rogamos que o máis axiña posible envíen un correo a...
18-03-2022 / Deportes
Esta pasada fin de semana disputouse no Pavillón Municipal da Montesiña a 1ª edición do LADIES OPEN Un evento exclusivo para mulleres na especialidade de Tatami Sport e nas súas probas...
15-03-2022 / Deportes
O vindeiro domingo 27 de marzo a partir das 11,30 horas volve celebrar a carreira infantil da ostra no Peirao de Arcade. As inscricións poderanse realizar, ata o 23 de marzo...
09-02-2022 / Deportes
O Kick Boxing Club Arcade logra un novo éxito no Campionato Galego de Kick Boxing celebrado en Marín (Pontevedra) con 36 ouros, 19 pratas e 10 bronces. Volve ser o club...
Deportes +