fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Marzo 2022 13:53

Ambientazo na Carreira Infantil da Ostra

Ambientazo na Carreira Infantil da Ostra

O pasado domingo celebrouse un dos eventos máis esperados polos nenos e nenas de Soutomaior, a Carreira Infantil da Ostra. Un evento deportivo que xa é unha tradición dentro da celebración da  Festa da Ostra e que levabamos dous anos sen poder celebrar por culpa da pandemia.

Nesta xornada de deporte e diversión ao aire libre, participaron varios centenares de nenos e nenas que o deron todo para chegar á meta os primeiros. Houbo  inflables, xogos, medallas, e algunha que outra caída, aínda que ao final todos os que saíron chegaron a meta, que é o verdadeiramente importante.

Así, ao longo da mañá do domingo celebráronse cinco carreiras, cada unha delas cun trazado e duración adaptados á idade dos e das participantes: ‘Biberóns’;  prebenxamíns;  benxamíns; infantís; e alevíns gozaron dunha xornada solleira e dun ambiente inigualable.

Neste sentido, o alcalde destacou a deportividade de todos os participantes e agradeceu a pais, nais e avós a súa aposta pola actividade física da cativada.

Cada participante puido levar a casa unha medalla, unha bolsa cun obsequio do Concello, e unha gran experiencia.


Publicado en Deportes
Visto 194 veces