fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Marzo 2016 12:43

III Carreira da ostra - Arcade 2016 - Incrición empadroados no Concello

III Carreira da ostra - Arcade 2016 -  Incrición empadroados no Concello

III Carreira da ostra - Arcade 2016 - Concello de Soutomaior

Inscrición empadroados no Concello de Soutomaior.

Desde o vindeiro luns día 14 ata o mércores 23 de marzo ás 21,00 horas os empadroados no Concello de Soutomaior poderán inscribirse de maneira gratuíta no Pavillón Municipal para a III Carreira dá Ostra que se celebrará o domingo 27 de marzo e onde está previsto participen mais de 300 corredores.

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benjamín, Benjamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil poderase facer durante o sábado día 26 de Marzo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas no Peirao de Arcade ou ben o mesmo día da carreira desde as 9:00 ata as 11,00 horas.

Para as categorías inferiores as idades de participación son (segundo o ano de nacemento):

Chupete 2011 - 2015 , PrebenXamín 2009 - 2010 Benxamín 2007 - 2008 Alevín 2005 - 2006 Infantil 2003 - 2004 Cadete 2001 - 2002 xuvenil 1999 - 2000

Para os séniores as distintas categorías serán segundo a súa idade (o día da carreira) e divídense en: Junior De 18 a 19 anos Promesa De 20 a 22 Sénior De 23 A 34 Veteranos/as 1 De 35 A 39 Veteranos/as 2 De 40 A 44 Veteranos/as 3 De 45 A 49 Veteranos/as 4 De 50 A 54 Veteranos/as 5 De 55 A 59 Veteranos/as 6 De 60 A 64 Veteranos/as 7 De 65 En diante

Nas categorías inferiores as distancias para cubrir serán segundo a súa idade e os seniors correrán o circuíto completo que é de de 5.530 m.

Os premios están establecidos para os tres primeiros de cada categoría, para os campións absolutos e para o primeiro clasificado do Concello de Soutomaior en cada categoría, tanto a nivel masculino como feminino.

Para os non empadroados no Concello de Soutomaior o prazo de inscrición é ata o mércores 23 de marzo na páxina web www.gestsportgalicia.es


Publicado en Deportes
Visto 3938 veces