fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 04 Agosto 2021 10:55

Escolas deportivas de verán: Pádel

Escolas deportivas de verán: Pádel

 No día de onte, e con motivo do XI Torneo de pádel e tenis Concello de Soutomaior que se está celebrando do 1 ao 8 de agosto, as escolas deportivas de verán de pádel gozaron dunha xornada de convivencia onde disputaron distintos mini partidos entre eles onde os resultados foron o menos importante.

Ao finalizar, por parte do Concello de Soutomaior e do Club Tenis e Pádel Soutomaior, entregóuselles a cada un unha camiseta conmemorativa deste torneo.

Un dos obxectivos do club tenis e pádel Soutomaior é recoller os froitos desta magnífica canteira e crear nun futuro próximo un equipo masculino e feminino de categoría xunior que compitan en ligas regulares e sómese aos actuais 3 equipos senior masculino e os 2 senior feminino.


Publicado en Deportes
Visto 547 veces