fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 03 Agosto 2021 12:20

Veronica Alvarez e Anxo Vidal campións do mundo

Veronica Alvarez e Anxo Vidal  campións do mundo

Verónica Alvarez e Anxo Vidal do club Arcade Kick Boxing lograron a medalla de ouro no Campionato do Mundo de Savate coa selección española en Weiz (Austria).

Hai uns días, antes de partir ao campionato mundial, foron recibidos no Concello polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que lles desexou os mellores éxitos.

Cumpriron sobradamente as expectativas polo que só queda felicitalos a eles e ao seu adestrador Manuel Alvarez (Lito).

Un orgullo para o noso deporte, un orgullo para o noso Concello


Publicado en Deportes
Visto 1008 veces