fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Xuño 2021 13:31

Inicio inscricións actividades deportivas verán 2021

Inicio inscricións actividades deportivas verán 2021

O vindeiro luns día 7 de xuño iniciásense o período de inscrición das actividades deportivas do este verán 2021.

Clases de tenis e pádel:

Para infantís e adultos o curso cubrirá o período desde o 5 de xullo ata o 29 de agosto.

DeporVerán 2021.

Ante a imposibilidade, polo número de participantes e as condicións actuais, de programar as Actividades de Verán o Concello de Soutomaior pon en marcha as actividades deportivas DeporVerán 2021.

Estas actividades lúdico deportivas realizaranse durante o mes de agosto divididas en 4 grupos segundo idades no Pavillón Municipal.

O primeiro grupo é para os participantes de 3 e 4 anos que terán a súa semana desde o 2 ao 5 de agosto. Grupo 5,6 e 7 anos desde o día 9 ao 13, Grupo 8,9 e 10 anos desde o 16 ao 20 e o último grupo de 11 a 14 anos iniciarán a súa actividade desde o 23 ao 27 de agosto.

Patinaxe recreativo:

Do 5 ao 16 de xullo. Pista de Patinaxe do Peirao

Infantil: de luns a venres de 10,00 a 11,30 horas. En Familia de 20,30 a 22,00 horas

Obrigatorio patins en liña e casco

Las plazas están limitadas por grupos y con preferencia para empadronados en el Concello de Soutomaior

As datas de inscrición van desde o 7 ao 18 de xuño e pódense realizar e informar no Pavillón Municipal a Montesiña (horario de 18,15 a 21,30 h)


Publicado en Deportes
Visto 601 veces